Ferramentas persoais
Vostede está aquí: Inicio 40 Anos de Constitución
Entrar


Esqueceu o seu contrasinal?
 

40 Anos de Constitución

por Juan Gómez (Txonta) Última modificación 06/12/2018 23:22
— arquivado en:

Recordando 40 anos de constitución española e da transición política postfranquista. ¿Quen? ¿Como? ¿Cando?

40 Anos de Constitución

40 anos de constitución

O 6 de Decembro de 1978 celebrouse o Referendo sobre a Constitución. [1]

¿Quen puido votar? - Os maiores de 21 votaron, os que hoxe teñen 61. [2]
¿Quen a escribiu? - O 15 de xuño de 1977 leváronse a cabo as primeiras eleccións  [3] da "Transición" [4] no país, nas que se elixiron os que participaron na redación da constitución. Só 2 meses antes, o 9 de abril de 1977, o Partido Comunista de España foi legalizado. Todas os partidos á esquerda do PCE quedaron ilegais. Cabe sinalar que estes partidos que non podían competir en liberdade e igualdade foron a forza máis importante de as que realizaron manifestacións e demandas nas rúas, fábricas e ensino. É por iso que hai moitas voces que falan dun déficit democrático ou dunha democracia de baixa calidade.
Esta é a principal e máis importante razón pola que a constitución debe ser reformada, para que se poda convalidar un réxime democrático de calidade que mellore o noso nivel de representación e sirva para a convivencia e o respecto.

Nestes 40 anos a constitución foi reformada (mellor dito retocada en pequenos aspectos que non requiren aprobación popular) en dúas ocasións, as duas a esixencia da Union Europea: [5]

  •  1992 [5a] Na perspectiva de adaptala aos requisitos da Unión Europea que establecen que os seus cidadáns poden ser electores e elixibles en calquera estado no que residan. "Todo cidadán da Unión Europea que resida nun Estado membro do cal non sexa nacional terá dereito a ser elector e elegível nas eleccións municipais do Estado membro no que resida"
  •   2011 [5b] Modificou o artigo 135, establecendo no texto o concepto de estabilidade orzamentaria e que o pago da débeda pública fora o primeiro que se pagara contra outros gastos do Estado nos orzamentos xerais, sen modificacións posible.
Contido relacionado
Accións de documento